Inicio Galicia José Luis Cabarcos toma posesión como director da Axencia Galega da Calidade...

José Luis Cabarcos toma posesión como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e Inés Santé como directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

0

Foi nun acto celebrado esta mañá en San Caetano e presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta mañá a toma de posesión do novo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarco, e da nova director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé.

Neste acto, o conselleiro puxo en valor a valía e profesionalidade de ambos altos cargos e animounos a redobrar os seus esforzos en beneficio do noso agro en particular e de toda Galicia en xeral. Pola súa banda, os nomeados agradeceron a confianza depositada neles polo titular da Consellería e reafirmaron o seu compromiso a prol do medio rural galego.

AgacalJosé Luis Cabarcos, o novo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), substitúe no posto a Manuel Rodríguez. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na súa rama das finanzas e é especializado en enxeñería de procesos, desenvolvemento de negocios e equipos e desenvolvemento de proxectos, entre outros. Conta cun Master in Business Administration pola Escola de Negocios Caixanova. Nado na Coruña, era ata o de agora director de Galicia da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).

Foi director de operacións e de área de negocio no Grupo Aluman desde 2005 a 2011 e foi director xeral en CEO Solutions desde 2014 a 2018. Tamén desenvolveu a súa actividade na organización de proxectos no concello de Arteixo entre os anos 2002 e 2004.

Ademais, no ámbito da docencia foi profesor de postgrao e de diversos seminarios na Universidade da Coruña entre os anos 2012 e o 2014. Tamén exerceu como director Executive MBA da Escola de Negocios de Afundación e foi docente titular na dirección de operacións, proxectos e simulación empresarial desde o ano 2015 ao 2019.

AgaderPola súa banda, Inés Santé substitúe a Miguel Pérez Dubois como nova directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Nacida en Ferrol, é enxeñeira agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola mesma universidade. Tamén obtivo o Máster internacional UNIGIS en Sistemas de Información Xeográfica pola Universidade de Gerona e realizou estancias de investigación nas universidades de Wisconsin (EEUU), Trento (Italia), Cuenca e Azuay (Ecuador).

Ata agora, Inés Santé era profesora titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, onde impartía materias sobre ordenación do territorio, administración, valoración e instrumentos de xestión de terras, en titulacións como Enxeñaría técnica agrícola e de montes, entre outras.

Ademais, desde o ano 2002 vén desenvolvendo a súa actividade investigadora e docente na USC, nos campos da ordenación do territorio, da xestión territorial e da participación pública nos procesos de planificación. Tamén foi coordinadora do Máster Universitario en Xestión Sostible da Terra e do Territorio e secretaria do programa de doutoramento do mesmo nome. Tamén conta con experiencia na administración pública galega xa que foi directora do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia entre xuño de 2015 e novembro de 2018.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre