Inicio Galicia José González recibe á Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta para...

José González recibe á Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta para abordar posibles melloras para a raza

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu á Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) para coñecer de primeira man as súas demandas e así abordar as posibles melloras desta raza. En concreto, foi o presidente de Asoporcel, José Barreira, o director técnico da raza, Iván Rodríguez, e a técnica, Cruz Castro, os que asistiron ao encontro en San Caetano para mostrar ao conselleiro o traballo que veñen desenvolvendo dende a súa asociación.

Asoporcel naceu no ano 1999 e a día de hoxe é a única entidade oficialmente recoñecida pola comunidade para xestionar o libro xenealóxico e levar a cabo o programa de conservación da raza porco celta. Así, colabora coa Consellería do Medio Rural en todas as actividades de recuperación, fomento e difusión da mesma. A día de hoxe hai 124 explotacións de porco celta en Galicia cuns 3.321 animais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre