Inicio Galicia José González pon en valor os viños da Ribeira do Ulla dentro...

José González pon en valor os viños da Ribeira do Ulla dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas

0

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, asistiu hoxe á XXXIX edición da festa de exaltación do viño da Ulla, que se celebra na parroquia de San Miguel de Sarandón do concello de Vedra.

Alí, o conselleiro puxo en valor os viños da Ribeira do Ulla dentro da denominación de orixe Rías Baixas, e sinalou que a produción de uva nesta zona vai medrando ano tras ano ata chegar ás máis de 1.500 toneladas no 2018. Nesta cita gastronómica, o titular de Medio Rural tamén subliñou a importancia deste tipo de celebracións para poñer en valor as producións agroalimentarias galegas en xeral e o viño en particular.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre