Inicio Galicia José González participou na entrega de premios do XXVIII Concurso Autonómico da...

José González participou na entrega de premios do XXVIII Concurso Autonómico da Raza Frisona ?Fefriga 2019? en Silleda

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou hoxe a Feira Abanca Cimag-Gandagro, onde participou na entrega de premios do XXVIII concurso autonómico da raza frisona “Fefriga 2019” e do XXXV Open Internacional Gandagro da raza frisona. Alí destacou a necesidade de seguir potenciando os nosos recursos e materias primas para que os produtos sigan destacando pola súa gran calidade.

O conselleiro tamén realizou un percorrido pola feira, co fin de coñecer as últimas novidades e adiantos tecnolóxicos nun dos sectores produtivos máis relevantes de Galicia. Alí, José González reiterou unha vez máis a importancia deste certame no eido rural, pois permite dar conta dos progresos e melloras que os sectores agrogandeiros e forestal precisan para competir nun mercado cada vez máis globalizado.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre