Inicio Galicia José González explica a futura Lei de recuperación e posta en valor...

José González explica a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria aos enxeñeiros agrícolas e forestais

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo deputado popular Moisés Blanco, reuniuse esta tarde coas principais asociacións e colexios profesionais de enxeñeiros agrarios, enxeñeiros técnicos agrícolas e enxeñeiros técnicos forestais e de montes da nosa comunidade. No encontro o conselleiro explicoulles a estes profesionais os contidos e principais obxectivos da futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia.

Esta xuntanza de traballo forma parte da rolda de contactos que está a manter o conselleiro con diferentes colectivos sociais e económicos -esta mesma mañá con agricultores, gandeiros e persoas interesadas de Curtis- para dar conta desta norma, que iniciará proximamente a súa tramitación.

Na xuntanza, o titular de Medio Rural sinalou que o principal obxectivo deste texto legal é loitar contra o abandono e facilitar base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan. Indicou tamén que se procura anticiparse aos lumes e traballar pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación, mediante ferramentas voluntarias como os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre