Inicio Galicia José González destaca a vocación aceiteira de Quiroga como un elemento clave...

José González destaca a vocación aceiteira de Quiroga como un elemento clave para o desenvolvemento da zona

0

O titular do Medio Rural asistiu á entrega de premios da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia

O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu á entrega de premios da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAG) en Quiroga e destacou a “vocación aceiteira” deste concello e da contorna e que supón un elemento dinamizador para desenvolver a zona.“Nestas terras do sur leste da provincia de Lugo atópanse algunhas das oliveiras máis antigas de Galicia, moitas delas centenarias”, declarou o titular de Medio Rural, que tamén recibiu un galardón polo seu compromiso coa APAG. Respecto á asociación destacou o labor dos máis de cen socios que a conforman, xa que dan valor ás terras e contribúen a manter un agro vivo e dinámico, “entendido non só como un lugar para traballar, senón tamén como un espazo no que residir, con calidade de vida”, en palabras de José González.

Os galardóns máis especiais foron para dous veciños da contorna, unha produtora e un mestre almaceiro precursores da produción de aceite na zona. Pero entre os premiados tamén estiveron a Fundación Juana de Vega e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Neste sentido, o conselleiro puxo en valor o “magnífico traballo” realizado polos investigadores do CSIC para identificar e acadar o recoñecemento oficial de dúas variedades de oliveira autóctonas de Galicia, como son a brava e a mansa galegas. Estes técnicos constataron ademais que ambas presentan un alto nivel de adaptación ás condicións climáticas da nosa comunidade e que son orixinais tanto pola forma das follas da planta ou do froito como tamén polas características dos aceites que producen. “Temos, pois, variedades con personalidade propia, ben definida, algo fundamental para distinguirnos no mercado”, sinalou José González.

Leer más:  La Audiencia de Pontevedra sentenció a un hombre a 14 años de prisión por abusar sexualmente de la hija de su pareja durante varios años

Medio centenar de explotaciónsA Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia creouse a finais de 2014 e actualmente aglutina un cento de asociados, que contan en total cunhas 115 hectáreas de cultivo en distintas zonas de Galicia e que suman máis de 130.000 oliveiras.

En Galicia hai preto de 40 explotacións dedicadas ao cultivo de oliveira, a maior parte concentradas na comarca de Quiroga e Valdeorras. “Temos, polo tanto, en Quiroga, os principais ingredientes para garantir o éxito presente e futuro do aceite galego: historia, cultivo, terra e homes e mulleres implicados neste labor ancestral”, concluíu o conselleiro.  


- Te recomendamos -