Inicio Galicia José González destaca a importancia e longa tradición da Feira do Viño...

José González destaca a importancia e longa tradición da Feira do Viño do Ribeiro na presentación da súa edición número 56

0

O conselleiro do Medio Rural cualificou esta celebración, que terá lugar entre o 3 e o 5 de maio, como unha das festas enolóxicas máis relevantes de Galicia

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou hoxe a relevancia e a tradición da Feira do Viño do Ribeiro, que este ano acada a súa edición número 56. Cualificouna como unha das festas enolóxicas máis importantes de Galicia e lembrou que a Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga da nosa comunidade, xa que a súa creación remóntase ao ano 1932.

O titular de Medio Rural, que estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, e polo alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, entre outras autoridades, participou na presentación desta festa, que terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio na capital do Ribeiro.

Así, José González salientou ademais que nesta edición serán 38 os expositores participantes, dous máis que no 2018. Neste aspecto, o conselleiro puxo en valor o programa de actos, que contempla obradoiros de cociña, coa participación de destacados chefs, así como actuacións musicais, tanto en sesións nocturnas como na hora do aperitivo.

Nesta mesma liña, José González sinalou que outro fito da celebración, neste caso na vertente artística, é o tradicional cartel, que este ano é obra da madrileña Laura Pastor. Así, puxo de manifesto que esta obra foi galardoada entre un total de 186 propostas diferentes, un feito que tamén foi destacado polo conselleiro, xa que esta alta participación no certame “dá idea do prestixio acadado por esta iniciativa, que combina arte e viño”, indicou.

Estratexia de dinamizaciónPor último, o titular de Medio Rural puxo en relación este tipo de eventos coa estratexia que está a impulsar a Xunta, en colaboración cos consellos reguladores e outros axentes do territorio, para dinamizar as comarcas vitivinícolas de Galicia, entre elas O Ribeiro. Así, sinalou que con esta celebración dáse esa fusión que se procura entre viño e turismo, xa que os caldos do Ribeiro, fortemente vinculados co territorio, póñense en valor como atractivo e referencia fundamental do destino.

O conselleiro explicou que os obxectivos desta iniciativa, actualmente en marcha, pasan por mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto e por reforzar a súa imaxe de marca e a identidade vinculada aos territorios nos que se producen. Tamén, por impulsar a promoción e comercialización en conxunto dos produtos turísticos relacionados co sector vitivinícola.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre