Inicio Galicia José González destaca a importancia de preservar as razas autóctonas galegas e...

José González destaca a importancia de preservar as razas autóctonas galegas e fomentar este tipo de producións

0

Entre os temas tratados analizouse a situación actual en canto á formación necesaria para estar ao fronte destas explotacións e á mobilización de terras para fomentar esta actividade


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse esta semana con membros da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) para coñecer de primeira man as demandas e propostas deste colectivo, co fin de avanzar na mellora deste sector. Así, o conselleiro destacou a importancia de preservar as razas autóctonas galegas e fomentar este tipo de producións, que son clave para a dinamización do medio rural.

Na xuntanza, o conselleiro estivo acompañado polos directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, así como o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, co fin de estudar posibles vías de cooperación para mellorar este eido produtivo.

Neste senso, entre os temas tratados analizouse a situación actual en canto á formación necesaria para estar ao fronte destas explotacións e a recuperación e posta en valor de terras para fomentar esta actividade. Precisamente, en canto á mobilización de terras, na xuntanza abordouse a posibilidade de poder desenvolver o pastoreo destas especies nas áreas de defensa fronte incendios forestais das aldeas, de forma que actúen como un sistema de roza natural nestas franxas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre