Inicio Galicia José González defende en Sober a necesidade de ligar a calidade dos...

José González defende en Sober a necesidade de ligar a calidade dos viños galegos ao territorio no que se producen

0

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, asistiu esta mañá en Sober á apertura da 39 edición da Feira do Viño de Amandi, onde sinalou que é importante defender a calidade dos viños galegos vinculada ao territorio no que se producen e ás variedades autóctonas.

Así, José González puxo en valor o peso da subzona de Amandi dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra, que o pasado ano xerou un valor económico estimado en máis de 19,2 millóns de euros ao producir algo máis de 3,7 millóns de litros de viño cualificado. O titular de Medio Rural aproveitou tamén para felicitar aos organizadores desta cita, pois máis alá do carácter festivo, gastronómico e enolóxico, a Feira do Viño de Amandi xoga un papel como dinamizador e impulsor da produción e a promoción dos viños desta denominación de orixe en particular.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre