Inicio Galicia José González: "De ningún xeito se podería falar da cultura galega sen...

José González: "De ningún xeito se podería falar da cultura galega sen achegar a nosa gastronomía e a calidade dos nosos produtos"

0

Puxo en valor o sector agroalimentario galego, que soubo conxugar os procesos tradicionais dende unha óptica innovadora

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta mañá na entrega dos premios Bacelos de Prata, outorgados pola asociación Álvaro de Casas que promociona a cultura galega. Neste senso, o conselleiro sinalou que non se podería falar da nosa cultura sen achegala e unila á gastronomía galega en xeral e á calidade dos nosos produtos en particular. Na gala tamén estivo o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez.

Durante o acto, que tivo lugar na adega Pazo dos Ulloa, José González puxo en valor o sector agroalimentario galego, que soubo conxugar os procesos tradicionais dende unha óptica innovadora, apostando por adaptarse ás necesidades e demandas do mercado sen perder a esencia e a calidade dos produtos da nosa terra.

Neste senso, o titular de Medio Rural insistiu na necesidade de apostar polo I+D+i no medio rural, co fin de mellorar -si cabe- a calidade dos nosos produtos, máis que recoñecida xa a nivel internacional. Unha aposta precisa, engadiu o conselleiro, para poder competir nun mercado cada vez máis esixente e abrir novas fronteiras e oportunidades de negocio.

Así, o conselleiro aproveitou para felicitar aos galardoados desta XIII edición, que fan de “Galicia unha comunidade de calidade máis que de cantidade”, matizou José González. Nesta liña, destacou os valores e a tradición herdada de Queixería Bama e da recuperación vitícola e a posta en valor da terra galega da adega Solaina Minei. Tamén agradeceu o traballo de investigación e mellora da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e o mantemento das características típicas e procesos tradicionais da IXP Pan de Cea.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre