Inicio Galicia José González avoga pola dinamización social e económica do rural galego como...

José González avoga pola dinamización social e económica do rural galego como mellor xeito de garantir o seu futuro

0

Defendeu o traballo das empresas agroalimentarias, da man da Xunta, en eidos como a creación de riqueza e emprego, a fixación de poboación no rural ou a mobilización de terras agrarias


O conselleiro do Medio Rural, José González, avogou hoxe por impulsar a “dinamización social e económica” do agro galego como mellor xeito de garantir o seu futuro. Dixo que se trata de fomentar “a creación de riqueza e emprego, o dinamismo empresarial, a fixación da poboación e a mobilización de terras agrarias”, de forma que “malia as dificultades, cada vez poidamos sentirnos máis orgullosos” do rural da nosa comunidade.

Así o manifestou o conselleiro na clausura do acto de entrega dos premios Peme Carrefour, que tivo lugar este mediodía no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. Na súa edición de 2018, estes galardóns corresponderon a Aceites Abril (como mellor Peme), Martín Códax (empresa máis innovadora) e Ternera Gallega (mención especial). Trátase duns premios concedidos a partir da votación dos propios clientes de Carrefour e que teñen carácter bianual.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

O conselleiro salientou neste evento a importancia da responsabilidade social empresarial como unha maneira que teñen as compañías –puxo de exemplo a Carrefour– de “implicarse coas comunidades locais apoiando sectores desfavorecidos e procurando un desenvolvemento global da sociedade na que se integran”. Neste contexto, lembrou os 32 centros comerciais que Carrefour ten en Galicia, así como o feito de que traballe con preto de 600 provedores da nosa comunidade, cun gasto de 285 millóns de euros en compras galegas.

Neste sentido, o titular de Medio Rural valorou o compromiso desta compañía coa produción de alimentos sans e da máxima calidade, dun xeito sustentable e respectuoso co medio ambiente. Esta filosofía, sinalou, é compartida polas tres empresas premiadas nesta gala e pola propia Xunta, que asume esa responsabilidade como administración pública, ademais da que corresponde a “todos os axentes da cadea alimentaria”, dende os agricultores e gandeiros ata os consumidores, pasando pola industria e a distribución.

Dieta atlánticaNeste contexto, José González situou a relevancia da dieta atlántica como modelo de alimentación “enxebre e saudable”, xa que se basea en “produtos tan nosos” como a carne, o viño ou o aceite (representados polas tres empresas galardoadas), así como no “elevado consumo de peixes, mariscos, patacas e demais froitos da nosa rica e variada horta”. Con respecto ao seu carácter saudable, puxo de manifesto que se demostra coa “lonxevidade e calidade de vida dos galegos”.

Leer más:  Rueda exige a sus nuevos consejeros un doble deber: gobernar para todos y "superar" a los anteriores ejecutivos

Ademais, o conselleiro sinalou que “este éxito da nosa cociña e dos nosos produtos ten moito que ver coa correcta conexión entre os axentes da cadea de valor” e reafirmou que “dende o Goberno galego procuramos engraxala con medidas de fomento e promoción”. Entre elas, citou a creación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Agacal, así como as diferentes axudas para incrementar a competitividade das explotacións, potenciar a súa remuda xeracional e impulsar a transformación e comercialización dos produtos agroalimentarios.

Nesta liña, resaltou que o plan especial de promoción agroalimentaria da consellería prevé no 2019 un orzamento de 1,2 millóns de euros, o que supón –destacou– un incremento do 20% respecto a este ano. Finalmente, José González pechou a súa intervención neste acto de Carrefour dando os parabéns ás tres empresas premiadas e cunha “lembranza especial” para o director de Aceites Abril, José Manuel Pérez Canal, finado recentemente.


- Te recomendamos -