Inicio Galicia José González avalía a situación e o futuro do sector lácteo con...

José González avalía a situación e o futuro do sector lácteo con representantes da Federación Frisona Galega e das Africores

0

O conselleiro do Medio Rural mantivo nas últimas horas reunións de traballo con responsables destas asociacións de control leiteiro, así como con diferentes colectivos do tecido asociativo do agro galego


O conselleiro do Medio Rural, José González, avaliou cos responsables da Federación Frisona Galega e das catro asociacións provinciais de control leiteiro (Africores) a situación e perspectivas de futuro do sector lácteo na nosa comunidade. Fíxoo dentro da rolda de contactos que vén mantendo con diferentes representantes do tecido asociativo do agro galego tras acceder ao cargo.

Nunha xuntanza en San Caetano, o titular de Medio Rural atendeu as demandas e suxestións deste colectivo e valorou a estabilidade que vive actualmente o sector e que se reflicte no mantemento dos prezos e o progresivo incremento da produción. En particular, con respecto a este último indicador, cómpre sinalar que a produción medrou nun 2,6% entre agosto de 2017 e o mesmo mes de 2018 e o incremento acumulado nos dous últimos anos chegou case ao 6%, ata aproximarse ás 230.000 toneladas no pasado mes de agosto, último dato oficial.

Leer más:  La Audiencia rechaza suspender el juicio de la cocaína del Karar pese a la baja médica del principal testigo policial

O conselleiro puxo en valor, tamén, o feito de que Galicia continúe sendo líder nacional tanto en número de gandeiros como en produción leiteira e destacou a gran calidade que atesora o leite galego, así como o seu prestixio entre os consumidores, tanto dentro como fóra da nosa comunidade. Así mesmo, José González amosoulles o seu pleno compromiso para seguir traballando arreo en favor do sector en particular e do medio rural galego en xeral.

Asociacións e cooperativasO conselleiro recibiu tamén nas últimas horas a responsables de asociacións de gandeiros, caso de Agromacén (colectivo do macizo central ourensán), así como a representantes de servizos de asesoramento aos labregos e agricultores. Tamén tivo a oportunidade de reunirse cos directivos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), cos que analizou o momento actual do asociacionismo no medio rural galego e a súa importancia na axeitada estruturación dos diferentes sectores produtivos do noso agro. 


- Te recomendamos -