Inicio Galicia José González: ?as catas de Galicia permiten promocionar, identificar e premiar a...

José González: ?as catas de Galicia permiten promocionar, identificar e premiar a tradición, o esforzo e dedicación de adegueiros e augardenteiros?

0
image_gallery.jpg

Os premios ao Mellor Viño de Galicia recaeron en “Pazo Lalón”, da bodega Pazo Lalón S

L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos e “Ó Prómine Singular”, de bodegas Petrón S

L. (DO Ribeira Sacra)


O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu hoxe a entrega dos premios das Catas de Galicia 2020, onde sinalou que este recoñecido certame permite promocionar, identificar e premiar a tradición, o esforzo e dedicación de adegueiros e augardenteiros. Así, felicitou a todos os participantes e, en especial, aos gañadores por elevar os viños galegos ao máximo prestixio, primando a súa calidade e dándose a coñecer polo mundo enteiro.

No acto de entrega, no que tamén participou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, o conselleiro agradeceu o compromiso deste sector tan estratéxico para Galicia que, ano tras ano, se consolida como unha aposta segura para o futuro do rural galego. Neste senso, cabe destacar que na nosa comunidade unen esforzos máis de 13.400 viticultores e 479 bodegas, capaces de xerar un valor económico anual que supera os 200 millóns de euros.

Así, o titular de Medio Rural fixo entrega dos premios ao Mellor Viño de Galicia , que este ano recaeron en “Pazo Lalón”, da bodega Pazo Lalón S.

L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos e “Ó Prómine Singular”, de bodegas Petrón S.

L. (DO Ribeira Sacra) na categoría de tintos. Así mesmo, tamén se deron a coñecer os gañadores das catas de augardentes e licores tradicionais. O resto de galardóns entregáronse de xeito individualizado nas sedes dos consellos reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas debido ás medidas sanitarias pola covid-19.

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

I.

X. AUGARDENTES DE GALICIA

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre