Inicio Galicia José González: ?apostar polo I+D+i na economía agraria é vital para o...

José González: ?apostar polo I+D+i na economía agraria é vital para o desenvolvemento dun rural con futuro?

0

O conselleiro indicou que as liñas de futuro que se van desenvolver desde a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) reforzarán o sistema público de I+D+i no ámbito agrogandeiro e forestal

O conselleiro do Medio Rural, José González, clausurou esta mañá en Lugo o XII Congreso de Economía Agraria, onde destacou a importancia de apostar polo I+D+i para o desenvolvemento dun rural con futuro. Neste senso, indicou que a formación e a innovación no ámbito agrario, xunto coa calidade diferenciada, é imprescindible para darlle un valor engadido ao rural e convertelo nunha garantía de futuro.

Así, o conselleiro indicou que as liñas de futuro que se van desenvolver desde a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) reforzarán o sistema público de I+D+i no ámbito agroforestal. Para iso, estase avaliando a posibilidade de crear unidades mixtas de investigación con empresas privadas do eido agrario, gandeiro e forestal co fin de sumar sinerxías e conseguir unha valorización conxunta. A idea, apuntou o titular de Medio Rural, é crear un rural forte e competitivo, promocionando a súa actividade económica e facendo desta cadea produtiva un éxito para todos os seus compoñentes.

Neste senso, José González volveu reiterar que Galicia constitúe unha potencia en diferentes sectores produtivos, tanto no plano nacional como europeo. Así, subliñou que, no eido forestal, en Galicia realízanse a metade das cortas anuais de toda España, tendo un lugar destacado a provincia de Lugo.

No tocante ao sector agrogandeiro, o conselleiro puxo en valor o peso do lácteo, pois aportamos o 40% da produción nacional, e insistiu en que o seu departamento traballa en diferentes proxectos de recuperación de terras para apoiar ás explotacións e que poidan ampliar a súa base territorial e mellorar así a súa rendibilidade.

En relación con esta última cuestión, o titular de Medio Rural puxo en valor a futura lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que entrará no Parlamento antes de que remate o ano. Con esta norma, salientou, fomentarase a ordenación dos usos da terra pensando no valor engadido e o reparto equilibrado desa riqueza na cadea de valor. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre