Inicio Galicia José González aposta por aproveitar todos os recursos do agro para diversificar...

José González aposta por aproveitar todos os recursos do agro para diversificar a actividade económica no rural

0

Destacou o papel protagonista da muller no rural polo que a Xunta está a traballar para visualizalo


O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou hoxe a microfábrica de cervexa artesá Galicia Brew no concello pontevedrés de Ponteareas. Alí animou a aproveitar todos os recursos que proporciona o agro galego co obxectivo de diversificar a actividade económica no rural.

Neste sentido, José González sinalou que é preciso combinar o apoio aos sectores punteiros do rural como o lácteo ou o vitivinícola, coa aposta por outros cultivos, como neste caso pode ser o lúpulo para producir cervexa. De feito, o proxecto de Galicia Brew dinamiza a súa contorna ao poñer a producir terras da comarca, algo que encaixa co obxectivo da Consellería do Medio Rural de crear actividade económica rendible nas parcelas rústicas.

Neste caso, segundo José González, trátase dun sector en auxe como é o da cervexa, ao que augurou un “futuro prometedor”, máis aínda cando a fabricación é completamente artesá, como é o caso. Galicia Brew defende un proceso de elaboración natural con ingredientes naturais.

Un rural femininoPor outra banda, o conselleiro do Medio Rural tamén quixo destacar outra particularidade deste proxecto, o feito de que estea liderado e integrado principalmente por mulleres, xa que o 75% do persoal son mulleres e a súa xerente é unha mestra cervexeira.

Así, José González falou do “papel protagonista da muller no agro”, que sempre desenvolveu un traballo crucial. Ademais, fixo fincapé no traballo que está a realizar a consellería por visualizar este labor para que as mulleres estean no lugar que merecen, tamén no rural.

O titular do Medio Rural concluíu asegurando que “no rural hai moitos emprendedores, como Isabel, que queren vivir no rural e do rural” e sinalou que, para conseguilo, o Goberno galego estará ao seu carón.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre