Inicio Galicia José González apela ao enoturismo como xeito de dinamizar as áreas rurais...

José González apela ao enoturismo como xeito de dinamizar as áreas rurais de Galicia

0

O titular de Medio Rural sinalou que a través da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia lograrase crear unha marca forte para o viño de Galicia, respectando a personalidade de cada denominación

O conselleiro do Medio Rural, José González, o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e a directora de Turismo, Nava Castro, participaron hoxe no concello das Neves na inauguración do hotel da natureza Nande, pertencente á adega Señorío de Rubiós. Alí, o titular de Medio Rural apelou a apostar polo enoturismo como xeito de dinamizar as áreas rurais de Galicia.

Segundo José González, se algo identifica á cultura galega é o viño porque está ligado á paisaxe, á cultura, á arquitectura, etc. Por iso, sinalou que o obxectivo da Consellería do Medio Rural é converter o sector vitivinícola en elemento central da promoción de toda a produción agroalimentaria de Galicia. Para iso, dixo, púxose en marcha a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que aglutinou o traballo de tres consellerías (a de Economía, Emprego e Industria, a de Cultura e Turismo e a de Medio Rural), xunto coa Fundación Juana de Vega.

Esta estratexia, segundo dixo o conselleiro, está fundamentada en catro piares, o primeiro deles baseado na promoción da calidade. Así, explicou que o obxectivo é crear unha marca forte de todo o viño de Galicia, respectando sempre a personalidade propia de cada unha das denominacións de orixe. Neste senso, José González sinalou que, co apoio da Xunta, será o propio sector o que decida o seu futuro dentro desta estratexia.

Como segundo piar, José González destacou a importancia de reforzar as sinerxías do mundo do viño coa cultura e co turismo. Como terceira pedra angular, o titular de Medio Rural indicou que hai que apostar pola formación e pola innovación e, neste sentido, será clave a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) adscrita á consellería. Por último, José González fixo fincapé na paisaxe galega, un aspecto que, declarou, “permite que esteamos ao nivel dos mellores lugares do mundo”, unha vantaxe que hai que aproveitar a través do respecto medioambiental e da sostibilidade dos nosos proxectos, especificou.

Durante o seu discurso, José González sinalou que falar de viño é falar dunha actividade económica que hoxe factura con uvas autóctonas máis de 200 millóns de euros, moitos deles grazas á exportación. De feito, reiterou que unha de cada cinco botellas de viño producido na nosa comunidade expórtase ao estranxeiro e, precisamente, aquí destaca a Denominación de Orixe Rías Baixas, xa que as súas vendas ao exterior supoñen case o 30% do total.

Hotel da naturezaO novo hotel inaugurado hoxe no concello pontevedrés das Neves, vinculado á adega Señorío de Rubiós, contou cunha axuda de 200.000 euros da Consellería do Medio Rural, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader).

En concreto, este apoio permitiu a rehabilitación, mellora e ampliación dunha construción rústica para a creación dun hotel rural vinculado ao enoturismo e á gastronomía para a exaltación e degustación de comidas e produtos típicos da zona.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre