Inicio Galicia José González: ?A lingua galega é un poderoso aliado do rural, un...

José González: ?A lingua galega é un poderoso aliado do rural, un valor engadido para as nosas producións?

0

A singularidade dos nosos produtos gandeiros e agrarios como unha vantaxe para posicionar Galicia a nivel internacional

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou hoxe na entrega dos XII premios Bacelos de prata que defenden o emprego galego na etiquetaxe dos produtos. Durante a súa intervención, José González sinalou que “o galego é un poderoso aliado do rural, un valor engadido para as nosas producións”, en referencia a que permiten vincular os mesmos coa nosa terra. “A nosa singularidade é posible, en gran medida, grazas á lingua”, declarou o conselleiro.

Así, José González mostrouse tamén convencido de que apostar polo galego contribúe “de xeito decisivo a proxectar a nosa comunidade más alá das súas fronteiras”, precisamente un dos obxectivos deste Goberno. E, segundo explicou o titular de Medio Rural, unha das fortalezas e atractivos da nosa terra está nos produtos que produce tanto da agricultura como da gandaría.

Nesta liña, sendo coñecedores desta vantaxe, decidiuse apostar plenamente pola promoción e exportación dos nosos produtos do agro e con ese obxectivo creouse a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (Agacal). Este ente pretende seguir garantindo a excelencia dos nosos produtos baseada no seu carácter único e enxebre.

O conselleiro foi o responsable de entregar o premio á empresa Conservas Amorodo, unha compañía de conservas vexetais ecolóxicas que desde hai 15 anos ten na calidade das súas elaboracións a súa carta de presentación, comercializándose dentro e fóra de Galicia, pero sempre favorecendo o mercado de proximidade. Coa idea clara de fixar poboación no rural galego, nunha contorna rural como é Vilapouca, no concello de Forcarei (Terra de Montes) a empresa dá traballo maioritariamente a mulleres.

Trátase dun proxecto empresarial que apostou polo uso da lingua galega como valor engadido do produto, poñendo a disposición dos consumidores produtos de excelente calidade etiquetados en galego.

Ademais, tamén resultou gañadora Vermutería de Galicia SL, unha nova empresa que en poucos anos ten acadado coa súa marca St. Petroni altas cotas de recoñecemento e repercusión mediática, chegando a estar presente en todo o territorio nacional e noutros países da contorna. Cunha produción anual de 47.000 litros de vermú, elaborado exclusivamente con uva procedente das plantacións do pazo de Arretén, no concello de Padrón, a empresa fixo unha aposta clara pola identidade galega, tanto na presentación do produto á sociedade utilizando un deseño na botella que simboliza o espírito do Camiño de Santiago, como na utilización da lingua galega como forma de expresión dunha elaboración tradicional.

Premios Bacelos de prataOs premios Bacelos de prata teñen como obxectivo fomentar o uso da lingua galega na etiquetaxe e foi o ano pasado cando se ampliaron ao sector agroalimentario, un eido directamente ligado coa terra e coa cultura de Galicia. Nese momento, resultaron premiados a adega O Alborexar no Ribeiro, de Castrelo de Miño, e Hoxe Sociedade Cooperativa Galega da comarca do Deza.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre