Inicio Galicia José González: ?a estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas poñerá os medios...

José González: ?a estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas poñerá os medios económicos necesarios para que sexa o propio sector o que decida o seu futuro?

0

O conselleiro fixo especial fincapé neste plan, recentemente posto en marcha pola Xunta, que busca sumar sinerxías entre o sector do viño, o turismo e a economía destas zonas de produción

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 25 de agosto de 2019.- O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta mañá no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño na inauguración da LX festa do viño do Condado do Tea, declarada de Interese Turístico de Galicia. Alí destacou que a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia permitirá poñer os medios económicos necesarios para que sexa o propio sector o que decida o seu futuro.

Neste senso, José González sinalou que o viño sempre está presente en tres ámbitos fundamentais: no medio rural, no turismo e na economía. De aí a necesidade, engadiu, de sumar sinerxías para poñer en valor os produtos galegos de calidade á vez que se reforza a zona de produción en termos turísticos e económicos.

Así, o conselleiro salientou que esta estratexia, recentemente posta en marcha pola Xunta, ten como obxectivo principal lograr un desenvolvemento territorial integrado, coordinado e consensuado que conte coa participación de todos os axentes clave do territorio. Deste xeito, mellorarase o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzando a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios nos que se producen, co fin de dinamizar e fortalecer as economías locais.

No desenvolvemento deste plan participan as consellerías do Medio Rural, de Economía, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo, xunto coa Fundación Juana de Vega. Desta forma, abárcanse todos os ámbitos socieconómicos do territorio das cinco denominacións de orixe e das catro indicacións xeográficas protexidas. En definitiva, trátase dun aliñamento de todos os axentes implicados en favor dun sector tan transcendente para Galicia como é o do viño, que conta con máis de 13.000 viticultores e 450 bodegas.

Finalmente, o titular de Medio Rural tamén tivo palabras de agradecemento para os máis de 1.500 viticultores que conforman a subzona do Condado do Tea, pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas, con máis de 1.000 hectáreas cultivadas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre