Inicio Galicia José Balseiros destaca o peso de Galicia no sector lácteo nacional, con...

José Balseiros destaca o peso de Galicia no sector lácteo nacional, con máis de oito millóns de toneladas de leite producidas e o 56% dos gandeiros

0

A Estratexia de dinamización do sector lácteo galego busca precisamente poner en valor a todos os elos da cadea do lácteo e mellorar a imaxe e o recoñecemento social dos gandeiros


O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou esta mañá na inauguración da xornada sobre o vacún de leite, que organiza a Organización Interprofesional Láctea (Inlac). Alí puxo en valor xornadas coma estas que permiten coñecer en profundidade o sector e a importancia da trazabilidade no produto.

Neste senso, o director xeral destacou o peso de Galicia no sector lácteo nacional, porque ademais de producir máis de oito millóns de toneladas de leite, representamos o 56% dos gandeiros con entregas de leite de vacún en España. Uns datos que permiten ter unha visión da relevancia que representa este eido produtivo para Galicia e para España no seu conxunto.

Por iso, o director insistiu na necesidade de acadar unha maior colaboración entre administracións para conseguir posicionar cada vez máis o sector lácteo. Unha medida que dende o Goberno galego se leva a cabo tamén a través da ferramenta informática XACOBEA, que permite crear un índice de referenciación á carta para calcular o prezo do leite a pagar no caso de contratos con prezo variable.

Nesta mesma liña avanza a Estratexia de dinamización do sector lácteo galego, que busca poner en valor a todos os elos da cadea do lácteo e mellorar a imaxe e o recoñecemento social dos gandeiros, a promoción do leite galego naqueles mercados aos que se dirixe e os mecanismos de remuda xeracional nas explotacións.

Con esta estratexia, impulsada pola Xunta, preténdese aumentar tamén a capacidade de industrialización en Galicia do leite producido no noso territorio, incrementar o peso das Denominacións de Orixe de queixo na transformación láctea e mellorar o acceso dos produtos lácteos aos mercados nacionais e internacionais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre