Inicio Galicia José Balseiros: ?a seguridade alimentaria dos pensos debe ser a primeira preocupación...

José Balseiros: ?a seguridade alimentaria dos pensos debe ser a primeira preocupación dos fabricantes?

0

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias clausurou hoxe en Santiago a XX xornada técnica que organiza a Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso


O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, clausurou esta mañá en Santiago a XX xornada técnica “Temas de actualidade en produción gandeira, nutrición animal e fabricación de pensos”, que organiza a Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso. Alí destacou que existe unha gran relación entre a calidade dos pensos e a das producións agrarias, polo que a seguridade alimentaria dos pensos debe ser a primeira preocupación dos fabricantes para garantir un produto de referencia.

O director xeral insistiu no necesario intercambio de información e opinións entre as administracións, os consumidores, o sector primario, a empresas alimentarias e a partes interesadas en todo este proceso para que este seguridade sexa efectiva ao cen por cento. Neste senso, felicitou á Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) por lograr hitos tan importantes como foi, xa hai máis de 13 anos, a creación do sistema gmp.

GALIS de seguridade alimentaria. Esta ferramenta permite unha homologación conxunta e sectorial de provedores e almacéns. Trátase dun sistema eficiente e eficaz, que incorpora ademais un plan de alerta rápida como defensa ante posibles alertas alimentarias.

Balseiros asegurou que este sistema, convertido nun referente para o resto do sector a nivel nacional, conseguiu poñer baixo a súa protección a 55 fábricas que producen o 96% dos pensos compostos de Galicia, ao 100% dos almacenistas galegos e ao 85% dos importadores de materias primas para a alimentación animal. Pero tamén cobren ás pequenas fábricas, esas que producen o 4% restante, pois elas dispoñen precisamente de materias primas que xa foron revisadas polo grupo. Esa seguridade é fundamental para a obtención de pensos de calidade, que redundarán en beneficio dos propios animais e, consecuentemente, dos produtos alimentarios que saian deles. Galicia, produtora de pensosA nosa comunidade é a cuarta en produción de pensos do Estado con 84 factorías rexistradas, que no ano 2017 produciron case tres millóns de toneladas de penso. A produción media por fábrica é de case 35.000 toneladas ao ano, aínda que unhas 36 fábricas superan esta media na actualidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre