Inicio Galicia Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco fan vibrar ao público na...

Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco fan vibrar ao público na recta final do ciclo musical ?Solpores do Museo?

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu ao evento impulsado pola Xunta no Museo do Mar de Galicia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe a unha nova actuación de Solpores do Museo, o ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia este verán. Nesta xornada Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco fixeron vibrar ao público na recta final desta programación musical no Museo do Mar de Galicia, un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo e polo que discorre o Camiño de Santiago.

Ambos artistas conquistaron no solpor deste xoves ao público asistente no marco dunha iniciativa que naceu coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación transversal con seis citas musicais que se celebran de balde durante este verán.

Tras o paso polo escenario de Baiuca e Presumido, Amaro Ferreiro e Villanueva, Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño e Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco, o peche deste ciclo de actuacións correrá a cargo de Zenet e Bliusvai o vindeiro 29 de agosto.

Todos os concertos, para os que as entradas (1.800) esgotáronse en día e medio, están a celebrarse na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia comezando as actuacións ás 20,30 h.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre