Inicio Galicia Javier Arias destaca a vontade da Xunta de ?apostar aínda máis? por...

Javier Arias destaca a vontade da Xunta de ?apostar aínda máis? por proxectos que fomenten a proxección exterior da provincia

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial asistiu en Samos ao nomeamento da xornalista Esther Eiros como embaixadora do Camiño de Santiago, no marco dun proxecto impulsado co apoio do programa ‘O Teu Xacobeo’


O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe en Samos ao acto de nomeamento da xornalista Esther Eiros como embaixadora do Camiño de Santiago, unha iniciativa enmarcada no proxecto O Camiño a bocados, promovido pola Asociación Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL) co apoio do programa O Teu Xacobeo que impulsa a Administración autonómica. O acto desenvolveuse na casa consistorial coa presenza do alcalde, Julio Gallego, entre outras persoas.

Arias agradeceu a Eiros que “desde o seu programa Gente Viajera, referente do xornalismo de viaxes durante varias décadas na radio española, sempre mire cara Galicia e, de xeito especial, cara a provincia de Lugo”. Segundo salientou, “que fale de nós unha voz tan recoñecida e respetada ten unha enorme repercusión na proxección exterior do territorio”.“Neste momento de dificultade, no que as medidas adoptadas para facerlle fronte á pandemia están a debilitar un sector fundamental da nosa economía, como é o turismo, temos que apostar aínda máis pola promoción e por destacar todo o potencial que temos”, apuntou Arias.

O Camiño a bocados quere poñer en valor a gastronomía e o patrimonio natural e cultural das zonas que percorre a ruta xacobea a través de accións promocionais difundidas en plataformas como redes sociais ou blogs. A proposta inclúe o nomeamento dun embaixador do Camiño por cada municipio participante -Samos, Castroverde, Trabada, Baleira, Barreiros, Lourenzá e Triacastela-.

A comunicadora e viaxeira Esther Eiros, natural da Pastoriza, é a primeira designada. “Quen mellor para falar de nós que as persoas que naceron aquí e nos coñecen ben”, dixo Arias, quen tamén valorou o esforzo que fan os promotores dos proxectos apoiados por O Teu Xacobeo para adaptar as súas propostas ao novo contexto sanitario.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre