Inicio Galicia Iníciase a información pública do Plan especial do Consorcio dos Peares co...

Iníciase a información pública do Plan especial do Consorcio dos Peares co fin de protexer os valores ambientais e paisaxísticos da zona pola vía da rehabilitación e conservación

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que estará exposto por un período de información pública durante dous meses

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións do Consorcio Local dos Peares, co que se pretende protexer e velar polos valores paisaxísticos, ambientais e tradicionais dos catro concellos que integran este organismo: Pantón e Carballedo, na provincia de Lugo, e A Peroxa e Nogueira de Ramuín, na de Ourense.

Así, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete dito plan ao trámite de información pública, durante o prazo de dous meses, período no que calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela ou na páxina web da Consellería e formular as alegacións, documentos e xustificacións que se consideren pertinentes. Con este trámite de información pública, o Goberno galego pretende garantir que todas as administracións públicas e persoas interesadas poidan intervir activamente no procedemento e favorecer a participación.

Leer más:  Dos empresarios están siendo investigados por el mal estado de las ruedas de un camión de su empresa que circulaba por Vilalba

A Consellería de Medio Ambiente, en colaboración co Consorcio Local dos Peares, redactaron este plan especial, un instrumento de vangarda xa que por primeira vez abrangue dúas provincias distintas e catro concellos de excepcionais valores ambientais e paisaxísticos. Dado o seu privilexiado enclave, búscase preservar e protexer ditos valores -así como poñer de relevo o seu carácter tradicional-, cunha actuación respectuosa co medio ambiente onde priman as actuacións de rehabilitación do patrimonio construído, promovendo a súa mellora, conservación e rehabilitación das edificacións existentes.

Para lograr estes obxectivos, o plan pretende actuar como unha guía para a mellora das condicións estéticas, de uso e habitabilidade, establecendo as pautas de crecemento sustentable máis adecuadas e contribuíndo deste xeito a facer máis atractivo e interesante para os inversores privados todo o ámbito territorial ao que se refire.

Así mesmo, o Plan Especial establece unha ordenación congruente cos catro instrumentos de planeamento xeral vixentes en cada un dos concellos que abrangue, sen alterar a clasificación do solo nin incrementar as posibilidades edificatorias, e establecendo á vez determinacións de cara á protección e integración ambiental e paisaxística.

Leer más:  La Xunta informa a los jóvenes que no hay dinero disponible para las ayudas de alquiler solicitadas en 2022

Nese sentido, define as áreas de protección dos núcleos e as condicións de edificación e rehabilitación para que se manteñan as características paisaxísticas, que son as que lle confiren a súa singular idiosincrasia tradicional.

Proxectos de urbanizaciónO Plan especial, que abrangue unha superficie de 350 hectáreas, concéntrase en manter as condicións ambientais dos núcleos, pero tamén prevé varios proxectos de urbanización para mellorar as condicións dos espazos públicos, así como o viario interno que articule e fixe dotacións e equipamentos. Eses proxectos terán efectos positivos na mobilidade, no espazo público e nos servizos existentes, mellorando a calidade dos mesmos.

A modo de exemplo, prevese a realización de proxectos de mellora para o viario de enlace, como o vial que vai dende Os Peares a Ambasmetas, o que enlaza Os Peares-A Granxa cos núcleos -chamados Peares- situados a carón da Estación do tren, ou o que vai dende Casdavil ata a estrada que da acceso á parcela dotacional na que se sitúa o centro de saúde e a pista polideportiva. Tamén se prevé a reurbanización do ámbito da estación de ferrocarril, a integración ambiental e paisaxística da nova ponte sobre o río Miño, incluíndo os enlaces viarios nas dúas ribeiras, así como a urbanización do enlace entre a Igrexa de Nosa Señora do Pilar e a ponte do ferrocarril e do borde fluvial do río Búbal, para a súa adecuación como zona verde.

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 13% en febrero, el segundo mayor incremento entre las comunidades

Nos proxectos trataranse aspectos que relacionan os núcleos de Casdemoure- A Regueira, O Vao, A Granxa, Os Peares, Casdavil, Soutelo, O Torrón, O Mesón, O Coitelo e Ambasmestas coa súa contorna e cos servizos, como a disposición dos puntos de recollida de lixo, analizando a posibilidade de soterralos; a localización de posibles paradas de autobús; o soterramento das instalacións; a pavimentación; a dotación de aparcadoiros; ou a disposición dun mínimo e necesario moblaxe urbano.

En definitiva, o plan prevé todo un conxunto de intervencións de mellora ambiental e adecuación de espazos públicos, así como proxectos de mantemento e de rehabilitación nos conxuntos xa edificados para os que se buscará implicar tamén á iniciativa privada.


- Te recomendamos -