Inicio Galicia Infraestruturas saca a exposición pública o proxecto de mellora da seguridade viaria...

Infraestruturas saca a exposición pública o proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-542 en Pontevedra

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá esta estrada, destacando que se executará unha glorieta e unha senda peonil


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe a PO-542 na parroquia de Marcón na cidade do Lérez, onde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai poñer en marcha unha obra de mellora da seguridade viaria.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Manuel Ángel González Juanatey, e o concelleiro de Pontevedra, Pablo Fernández.

Segundo informou Cores Tourís, a Consellería acaba de sacar hoxe no DOG a exposición pública este proxecto que permitirá mellorar a actual intersección en cruz, reducir o número de xiros á esquerda no tramo entre os puntos quilométricos 4+700 e 5+600 e provocar unha diminución así da velocidade no tramo de estudo. Tamén se reordenará o espazo público entre os tramos 4+480 e 5+040.

A disposición da nova glorieta permitirá a reordenación da actual intersección en cruz. Este tipo de nó está caracterizado porque os tramos que en el conflúen comunícanse a través dun anel no que se establece unha circulación rotatoria arredor dun illote central. Deste xeito as traxectorias dos vehículos non se cruzan senón que converxen e diverxen, reducindo o número de conflitos.

En canto a senda peonil e ciclista, executarase entre os puntos quilométricos 4+700 e 5+600, e apoiarase na glorieta proxectada, manténdose a parada de bus onde se instalarán dúas marquesiñas de autobús segundo o novo deseño da Axencia Galega de Infraestruturas.

O orzamento da obra será de 750.000 euros. Máis información no enlace www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191218/AnuncioG0181-041219-0005_gl.html.

Esta obra atópase inmersa dentro da estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas, que ten como obxecto identificar e planificar os tramos de sendas peonís o ciclistas necesarios para mellorar a mobilidade sostible nesta comarca. Os traballos inclúense dentro do progrma operativo FEDER 2019-20, e en particular, dentro da acción de fomento de estratexias de reducción do carbono e da mellora da seguridade viaria.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre