Inicio Galicia Infraestruturas reparará a xunta de dilatación da ponte da Illa de Arousa...

Infraestruturas reparará a xunta de dilatación da ponte da Illa de Arousa tras o verán para evitar afeccións ao tráfico

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou a situación desta infraestrutura xunto ao alcalde da localidade 


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, en compaña do alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, a ponte que une esta localidade con Vilanova de Arousa, de cara a comprobar os problemas xurdidos esta fin de semana cunha xunta de dilatación.

Tal e como explicou o delegado territorial, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, reparará ou substituirá unha das xuntas de dilatación da ponte da Illa de Arousa tras o verán, para evitar así a afección ao tráfico que comporta ese traballo.

A peza metálica de revestimento desa xunta que se desprendeu no día de onte xa foi retirada e os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas comprobaron no día de hoxe que a seguridade na circulación está plenamente garantida.

Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, a xunta de dilatación que se atopa máis preta á zona da Illa de Arousa se atopa “deteriorada” polo paso do tempo. “Trátase de xuntas moi especiais debido a particularidade da ponte da Illa. Estas xuntas, unha a cada lado do ponte, contan con 50 centímetros de movemento, cando o normal adoita ser de 5”O próximo luns, unha empresa especializada comprobará a situación da xunta de dilatación de cara a decidir se se leva a cabo a súa substitución ou reparación.

Leer más:  Detenido en Vigo un septuagenario por una presunta agresión sexual a su pareja

Unha vez pasado o período estival, no que a circulación de vehículos pola Ponte da Illa de Arousa se incrementa notablemente, a Axencia Galega de Infraestruturas e Vivenda analizará a actuación máis convinte en relación con esa xunta. 


- Te recomendamos -