Inicio Galicia Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551...

Infraestruturas licita as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 ao seu paso por Marín e Bueu

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona onde se van a executar as obras, recordando que se executarán dúas glorietas nas zonas de Lapamán e Agrelo en Bueu e tamén se mellorará unha intersección no Concello de Marín


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Bueu para anunciar a licitación das obras do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada PO-551, ao seu paso polos Concellos de Bueu e Marín, que conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde de Bueu, Félix Juncal, así como do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Manuel Ángel González Juanatey.

Segundo destacou Cores Tourís, como principias intervencións proxectadas está a mellora de interseccións, destacando a construción de dúas glorietas de 28 metros de diámetro no acceso á praia de Lapamán e na intersección coa estrada provincial EP-1304, e a mellora da intersección de acceso á Praia de Agrelo, no punto quilométrico 8+950. Na intervención inclúese a execución dunha senda de 400 metros que dará continuidade dende Marín ata o acceso á praia de Lapamán.

Tamén se reforzará a sinalización dos pasos de peóns existentes nas parroquias de Cela e Bueu, coa instalación de semáforos con pulsador en dous deles e sinalización luminosa nos restantes. Estas actuacións incluíronse no proxecto a pesar de non atoparse os pasos de peóns no treito cualificado coma TCA, pola súa conflitividade.

Outras actuacións complementarias serán a instalación de captafaros, a substitución dos postes das barreiras por outros menos lesivos e renovación da sinalización horizontal.

Tal e como explicou o delegado territorial, tras o análise das alegacións presentadas, o proxecto incorporou ademais novas melloras nesta actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta.

En concreto, introduciuse o cambio de configuración na glorieta de Agrelo, que se desprazou á intersección contigua da inicialmente prevista para reducir a súa afección. Tamén na glorieta de Lapamán se realizou un axuste para reducir ocupación, pero de menor entidade, e se mellorou a conexión peonil coa vía de baixada á praia, habilitando ademais unha nova zona de aparcamento.

A maiores inclúese na actuación a mellora da intersección do punto quilométrico 7+320, no Concello de Marín mediante a execución dunha cuña de saída que mellora a visibilidade e a seguridade.

A partir de hoxe as empresas interesadas terán 26 días para presentar as súas ofertas y posteriormente comezarán as obras que terán un prazo de execución de oito meses.

Na comarca do Morrazo tamén se están a executar 8 itinerarios seguros, sustentables e integrados na paisaxe que suman case 9,2 quilómetros de sendas cun orzamento que supera os 4,5 millóns de euros, “o que vén a demostrar o interese da Xunta de Galicia por mellorar a seguridade viaria nas estradas e reducir a accidentalidade”, rematou Cores Tourís. Esta actuación enmárcase no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre