Inicio Galicia Infraestruturas inicia o pintado da avenida de Castelao en Ponteareas

Infraestruturas inicia o pintado da avenida de Castelao en Ponteareas

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que estes traballos permitirán rematar a mellora deste vial no que a consellería executou novas beirarrúas e reasfaltou a estrada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o inicio das labores de pintado da avenida Castelao de Ponteareas que que se remata a reforma e mellora desta estrada, despois dos traballos de reasfaltado e execución de novas beirarrúas.

Os operarios da Consellería de Infraestruturas comezaron esta mañá co pintado dos pasos de peóns e das marcas viais que conforman a sinalización horizontal, de xeito que se poida garantir a seguridade viaria nesta estrada. “O noso compromiso era iniciar esta obra en canto fora tecnicamente posible, é dicir, en canto mellorara a situación atmosférica. Así nos comprometimos co concello e cos veciños, e o cumprimos. Hoxe mesmo iniciamos os traballos”, explicou o delegado territorial. “Lamentamos que o concello trasladara nos últimos días unha visión diferente aos veciños, xa que eran coñecedores de que os traballos non se podían executar ata que a calzada se atopara seca e se puidera garantir que a pintura se adherise ao asfalto”.

José Manuel Cores Tourís recordou que as obras permitiron a execución dun tramo de beirarrúas aos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidades destinou un total de preto de 25.000 euros. Estas obras consistiron na execución dun paso sobreelevado no quinto quilométrico 10+600 da PO-403. Tamén se levou a cabo un pequeno tramo de beirarrúa na marxe esquerda da estrada, nun punto que carece del, próximo á intersección coa N-120.

A maiores, tamén se executaron traballos de mellora do firme nesta avenida, nos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investiu algo máis de 143.778 euros.

Así, esta estrada veuse mellorada en diversos puntos quilométricos onde o firme se atopaba deteriorado polo paso do tempo, estendéndose unha nova capa de rodaxe e executándose reparacións puntuais, “permitindo dar unha maior calidade de vida e seguridade viaria a veciños e usuarios”.

Todos estos traballos forman parte de dous paquetes de obras que se desenvolven en diversos concellos do Condado-A Paradanta, e que supoñen un investimento global de 1,5 millón de euros, que engloban non só a PO-403 entre Ponteareas e Salvaterra do Miño, senón tamén a PO-254 entre Ponteareas e Mondariz.

Cores Tourís destacou que a Xunta continúa no camiño da mellora de infraestruturas iniciadas fai anos e recordou que o Goberno galego está a apoiar aos concellos para reforzar a seguridade viaria, incrementar a comodidade nos desprazamentos dos seus veciños e mellorar a calidade de vida da cidadanía.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre