Inicio Galicia Infraestruturas inicia as obras de mellora do asfaltado da PO-546 na parroquia...

Infraestruturas inicia as obras de mellora do asfaltado da PO-546 na parroquia pontevedresa de Lourizán

0

O delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asegurou que os traballos contan cun orzamento de case 46.000 euros, e permitirán mellorar unha estrada cun elevado tránsito diario de vehículos


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís comprobou esta mañá o inicio das obras de reforzo do firme na estrada PO-546 ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Lourizán.

Na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, así como do director da obra, Alfonso Tenorio.

Os traballos, que contan cun orzamento de case 46.000 euros, suporán o reforzo do firme localizado no carril esquerdo da PO-546, entre Pontevedra e Marín, nos puntos quilométricos 2+380 e 2+550.

O obxectivo da obra é a rehabilitación estrutural deste firme que se atopa moi afectado polo tránsito de vehículos. José Manuel Cores Tourís explicou que para reparar a calzada neste tramo vai ser necesario demoler a totalidade das capas de firme e repoñelo a continuación. A reposición farase cunha lousa de formigón de máis de dous capas de aglomerado.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Tamén é necesario cortar o tráfico no carril esquerdo, onde se está a levar a cabo a actuación, dando paso alternativo polo dereito. “Pedimos comprensión aos condutores, aínda que somos conscientes dos inconvintes que ten sempre o corte dun carril, por iso intentarase axilizar o máximo posible as obras, que teñen un prazo de execución dun mes pero que estarán rematadas, se o tempo nolo permite, en preto de dúas semanas”, engadiu o delegado territorial.

A maiores, tamén se reporán cinco tapas de servizos, xa que estaban a causar un importante malestar aos veciños, tanto polo ruído que causaban como polas vibracións que estaban a xerar.


- Te recomendamos -