Inicio Galicia Ildefonso de la Campa salienta a superación persoal dos participantes dos XX...

Ildefonso de la Campa salienta a superación persoal dos participantes dos XX Xogos de Atletismo de Special Olympics

0

Destacou o importante papel do deporte como ferramenta para a plena inclusión das persoas con discapacidade

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, salientou a superación persoal dos participantes dos XX Xogos de Atletismo de Special Olympics. Fíxoo durante a inauguración desta actividade que tivo lugar esta mañá no polideportivo de Fontiñas.

Ildefonso de la Campa destacou o importante papel do deporte como ferramenta para a plena inclusión das persoas con discapacidade. Ademais, tamén gabou a celebración de eventos como este que organiza, durante todo o ano, Special Olympics en colaboración de Fademga. Actividades que, ademais de fomentar a integración de persoas con diversidade funcional, axudan a normalizar e dar visibilidade a súa situación, a mellorar a súa coordinación e a diminuír os problemas que poidan aparecer a nivel psicolóxico.

A entidade Special Olympics, coa que mantén colaboración a Xunta de Galicia, ofrece a oportunidade a todas e a todos de experimentar os beneficios do deporte, tales como desenvolver a autoestima e descubrir e compartir os valores que contén. Desta maneira, pon en marcha diferentes xogos autonómicos, nacionais e internacionais, ademais das ligas de fútbol sala e baloncesto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre