Inicio Galicia Ildefonso de la Campa garante unha alternativa ás persoas beneficiarias de SAF...

Ildefonso de la Campa garante unha alternativa ás persoas beneficiarias de SAF en Forcarei tras a suspensión deste servizo

0

Informouse ás persoas usuarias de que se lles recoñeceu de oficio e con carácter de urxencia unha prestación económica para financiar a contratación dun Servizo de Axuda no Fogar

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asegurou hoxe na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia que a Xunta garantiu unha alternativa ás persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Forcarei, despois da suspensión deste servizo, de xestión municipal.

Destacou que a Administración autonómica xa informou ás persoas usuarias de que se lles recoñeceu de oficio e con carácter de urxencia unha prestación económica para financiar a contratación dun Servizo de Axuda no Fogar desde a data de suspensión do SAF en Forcarei.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre