Inicio Galicia Ildefonso de la Campa destaca o esforzo da Xunta por garantir os...

Ildefonso de la Campa destaca o esforzo da Xunta por garantir os coidados e a atención de máxima calidade ás persoas de máis idade

0

Subliña que 6 de cada 10 euros das políticas sociais do Goberno galego destínanse a este colectivo

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou o esforzo da Xunta de Galicia por garantir os coidados e a atención de máxima calidade ás persoas de máis idade. Fíxoo na XLII Xornada de malos tratos e abusos ás persoas maiores á que asistiu este mañá no campus universitario de Lugo.

Ildefonso de la Campa sinalou o importante papel que teñen os nosos maiores para a sociedade galega e subliñou que o compromiso da Administración autonómica con este colectivo ratifícase nas súas políticas sociais, pois 6 de cada 10 euros desta área destínanse a este colectivo.

Así mesmo, puxo en valor as diferentes prestacións que o Goberno galego financia para garantir o coidado das persoas maiores. Entre elas, destacou a aposta de medidas como as Casas do Maior, que comezan a poñerse en marcha en Galicia, ou o servizo de axuda no fogar. Dous recursos que permiten ás persoas usuarias sexan atendidas na súa contornaA XLII Xornada de malos tratos e abusos ás persoas maiores contou con diferentes relatorios de especialistas que trataron temas como o protocolo de actuación para a detección e a intervención de malos tratos; a prevención do maltrato no ámbito familiar, en residencias e hospitais; as denuncias e tratamento legal; así como a seguridade, delitos, protección e defensa dos dereitos das persoas maiores. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre