Inicio Galicia Hoxe comeza a emitirse a Tarxeta Xente Nova na provincia de Ourense,...

Hoxe comeza a emitirse a Tarxeta Xente Nova na provincia de Ourense, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir do vindeiro luns

0

Uns 150 mozos do Pereiro de Aguiar e 5.200 da provincia poderán beneficiarse deste dispositivo, que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis no transporte público dependente da Xunta


Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020.- A tarxeta Xente Nova comeza a emitirse hoxe nos 92 concellos da provincia de Ourense, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir do vindeiro luns, 15 de xuño, o que lles permitirá realizar viaxes de balde no transporte público dependente da Xunta. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo esta mañá un encontro de traballo, por videoconferencia, co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para abordar a implantación deste dispositivo neste municipio e no resto de concellos da provincia. A tarxeta Xente Nova tamén se implantará, de xeito paralelo, en 13 concellos da área de Pontevedra. Segundo lle trasladou a conselleira ao alcalde, o comezo desta medida estaba previsto para mediados de marzo, pero tivo que adiarse pola declaración do estado de alarma e a emerxencia sanitaria da covid-19. Reactívase agora que a situación epidemiolóxica o permite, de forma coherente coa paulatina recuperación do transporte público.

Estímase que serán arredor duns 150 mozos do Pereiro de Aguiar e 5.200 da provincia de Ourense os que solicitarán a tarxeta Xente Nova, formándose no uso dunha mobilidade sostible e segura, de pago sen contactos. Desde hoxe, día 10 de xuño, 24 oficinas de Abanca de 19 concellos da provincia de Ourense comezarán a emitir as tarxetas, que os menores de 21 anos poderán empregar a partir do vindeiro luns, día 15. Para conseguila é necesario solicitar unha cita previa na oficina, algo especialmente importante na situación actual, coas restricións de aforo e o mantemento da distancia social nas entidades motivada pola covid-19. Os menores de idade deberán ir acompañado dun dos seus proxenitores. As tarxetas non precisan ter unha conta asociada, xa que funcionan a modo de tarxeta monedeiro. Deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e, posteriormente, irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais. Para facilitar o pago seguro e evitar contaxios, os maiores de 21 anos da provincia de Ourense poderán empregar a Tarxeta de Transporte TMG. Tamén poden solicitala desde hoxe mesmo nas oficinas habilitadas e comezar a empregala desde o 15 de xuño. Neste caso estímase que se poderán beneficiar desta medida uns 108.000 cidadáns da provincia, dos cales arredor de 2.200 serán veciños do Pereiro de Aguiar.   Ourense

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre