Inicio Galicia Grandes nomes da música e o baile tradicional daranse cita o vindeiro...

Grandes nomes da música e o baile tradicional daranse cita o vindeiro mes de xuño no Gaiás durante tres días de foliada

0

Artistas consolidados como Uxía, Susana Seivane, Budiño, Davide Salvado, Ugia Pedreira, ou Leilía compartirán escenario con agrupacións históricas como Cantigas e Agarimos, Xacarandaina ou O Fiadeiro


Nomes imprescindibles do folclore galego daranse cita do 8 ao 10 de xuño na Cidade da Cultura no Serán’01, o I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional, que nace para festexar a próxima declaración do baile galego como Ben de Interese Cultural (BIC) e que congregará a un milleiro de artistas en máis de 40 espectáculos. Artistas como Uxía, Susana Seivane, Budiño, Davide Salvado, Leilía, Ugía Pedreira… compartirán escenario man a man con grupos históricos do noso folclore así como con informantes –transmisores da nosa cultura tradicional– procedentes de toda a xeografía galega.

Será nun dos espectáculos centrais do Serán’01: o Foliadón, que como o seu propio nome indica se concibe como unha xigantesca foliada que na noite do sábado 9 de xuño encherá o Gaiás con cinco horas de festa, música e baile. No entanto, xa dende a tarde do venres 8 o complexo acollerá os distintos contidos deste ambicioso encontro que busca reunir a todo o folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional ata integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal. Para isto, a Fundación Cidade da Cultura coa colaboración de Agadic despregará un abano de actividades que durante tres días se propoñen amosa e pór en valor toda a nosa riqueza etnográfica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Como non podía ser doutro xeito, o baile será o protagonista indiscutible do evento, como demostra outro dos seus pratos fortes: un festival folclórico que congregará na praza central do Gaiás a centos de asistentes para ver, sobre as táboas, a oito agrupacións históricas do folclore galego. Cantigas e Agarimos, Eidos, Brincadeira, Cantigas de Froles, Xacarandaina, O Fiadeiro, Castro Floxo e Lembranzas Galegas farán resoar os ecos da nosa tradición musical entre os vangardistas edificios proxectados por Peter Eisenman. Moitos deles repetirán sobre o escenario o sábado no Foliadón.

Xa na tarde do domingo, e como peche a este encontro, terá lugar outro man a man musical de excepción, neste caso entre os decanos dos coros históricos galegos: Toxos e Flores (Ferrol) –con máis dun século de historia– e De Ruada (Ourense) –que cumpre este ano o seu centenario–.

Un programa para maiores e cativosTamén os máis pequenos e pequenas terán o seu espazo no Serán’01, que ao longo dos tres días programa obradoiros –de acceso libre e de balde– para que a cativada poida fabricar os seus zocos con materiais de refugallo ou aprender sobre xogos tradicionais. Xa no ámbito musical, a Foliadiña Infantil subirá ao escenario do Museo Centro Gaiás a grupos infantís de baile tradicional de máis dunha vintena de agrupacións e escolas de música das catro provincias galegas.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Serán’01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional quere ter tamén un espazo para a análise e a aprendizaxe profesional, e por iso vai incluír tanto conferencias como master classes de baile tradicional galego. Estas sesións formativas estarán especializadas en variedades de diferentes comarcas de Galicia e serán impartidas por persoas expertas na materia, abordando temas como expresividade e colocación corporal, movemento, puntos, voltas, descanses e coreografías. Dado que as prazas por cada master class son limitadas, cómpre inscribirse no web cidadedacultura.gal.

Celebración do noso patrimonio inmaterialEste I Encontro Galego de Cultura Popular xorde con vocación de ser un verdadeiro evento social para todo tipo de público, xa sexa parte activa do sector da música e o baile tradicional ou non, contribuíndo tamén a dar a coñecer as nosas artes e patrimonio inmaterial. Deste xeito, o programa do Serán’01 complétase con presentacións, proxeccións, ou o desfile Sete Varas, un Refaixo, onde da man da asociación etnográfica pontevedresa Sete Espadelas poderán contemplarse traxes tradicionais antigos e reconstrucións fieis á tradición procedentes das distintas comarcas galegas.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Os visitantes poderán tamén achegarse a un recinto feiral con medio cento de stands de todo o sector vinculado á cultura popular: artesáns do tecido, da confección, do calzado, da ourivería, de instrumentos tradicionais, asociacións e federacións, organización de festivais, empresas de servizos, etc.

A asistencia a todas as actividades é de balde e o programa pode consultarse no web da cidadedacultura.gal.


- Te recomendamos -