Inicio Galicia Gonzalo Trenor visita as obras de reordenación do paseo das Carolinas nas...

Gonzalo Trenor visita as obras de reordenación do paseo das Carolinas nas que a Xunta inviste máis de 441.000 euros

0
image_gallery.jpg

O delegado da Xunta na Coruña, acompañado polo alcalde de Ribeira, puxeron en valor esta actuación para humanizar e facer máis accesible esta contorna


O novo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, realizou esta mañá a primeira visita institucional ao concello de Ribeira, acompañado polo alcalde, Manuel Ruíz Rivas. O representante do goberno autonómico comprobou o avance das obras de reordenación do paseo das Carolinas na contorna do parque García Bayón que contan cun investimento de máis de 441.000 euros por parte de Portos de Galicia. Pola súa parte, o Concello de Ribeira foi o encargado da elaboración do proxecto de obra e correspondeulle tamén a súa licitación e dirección.

Gonzalo Trenor destacou que esta obra permitirá rematar a renovación integral da fachada marítima da cidade de Santa Uxía tras finalizar a mellora do Malecón que se iniciou o ano pasado.

As obras, que se están executando neste momento, permitirán crear accesos peonís para levar a a cabo a unión mediante carril bici da infraestrutura existente no Touro coa do Coroso, o paseo das Carolinas e o parque García Bayón.

O obxectivo fundamental deste proxecto é reordenar o paseo das Carolinas e o parque García Bayón, dando preferencia ao peón fronte ao tráfico rodado e conferíndolle aos viais o carácter urbano que lle corresponde. Inclúese ademais a execución dun carril bici ao longo de toda a fachada marítima do casco urbano.

Trenor destacou que “esta actuación permite dar resposta a unha demanda histórica desta localidade pola súa repercusión para o conxunto da cidadanía, que axuda á integración entre o porto e a vila e mellora a explotación portuaria”.

A actuación inclúe a habilitación dun único carril de circulación en dirección saída e a ampliación da xardineira central, dotando así á zona de máis espazos verdes. No que atinxe á parte pegada ás vivendas, a área será reordenada dispoñendo aparcamentos en batería e aumentando o espazo de uso destinado aos viandantes.

Ademais, pola banda pegada ao porto crearase un carril bici que una o existente no Touro-Malecón co do paseo de Coroso, de tal xeito que toda a banda litoral da cidade sexa perfectamente percorrible en bicicleta coa fin de facilitar así este medio de transporte.

Así mesmo, o proxecto inclúe a implantación de liñas novas de pluviais. Instalarase 180 metros de tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, así como 15 acometidas, 45 arquetas e 5 pozos de rexistro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre