Inicio Galicia Gonzalo Trenor destaca o esforzo da Xunta para dotar de material de...

Gonzalo Trenor destaca o esforzo da Xunta para dotar de material de protección a 47 entidades sociais da cidade da Coruña

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial puxo en valor o apoio do Goberno galego a Down Coruña como exemplo da colaboración para avanzar na inclusión de todas as persoas


O novo delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, destacou o esforzo que está a realizar o Goberno galego para dotar de material de protección a 47 entidades sociais da cidade da Coruña desde o inicio da crise da covid-19. Fíxoo esta mañá nunha visita á asociación Down Coruña na que coñeceu os programas que ten en marcha.

Gonzalo Trenor puxo en valor o traballo e compromiso da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para achegar todo o material de protección necesario tanto ao Concello da Coruña, como a entidades sociais e a escolas infantís.

En concreto, o representante do Goberno autonómico explicou que 47 entidades recibiron desde o comezo da crise sanitaria un total de 416.740 luvas, 426.556 máscaras, 15.254 traxes de protección e 5.800 botes de xel hidroalcohólico. Salientou estes envíos porque “desde os momentos máis complicados a Xunta garantiu que contasen con equipos de protección para poder atender aos seus usuarios”.

Inserción laboral e promoción da autonomíaAdemais, destacou as axudas que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, outorga a Down Coruña para poder levar a cabo as súas actividades. Recordou que as achegas ascenderon o ano pasado aos 100.000 euros e que permitiron a posta en marcha de programas de inserción laboral e de promoción da autonomía. “Este é un dos mellores exemplos da aposta do Goberno galego por avanzar cara a inclusión de todas as persoas”, indicou.

Por último, o delegado territorial subliñou o importante papel de todas as entidades que traballan cada día para mellorar a calidade de vida de todas as persoas con discapacidade e das súas familias.

Entidades integradas no reparto de material de protección da cidade da Coruña  ENTIDADES

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre