Inicio Galicia Gonzalo Trenor destaca as boas cifras alcanzadas no movemento de contedores, nos...

Gonzalo Trenor destaca as boas cifras alcanzadas no movemento de contedores, nos primeiros dez meses do ano, con 100.000 toneladas de mercancías aloxadas no porto exterior de Ferrol

0
image_gallery.jpg

O delegado da Xunta e a Presidenta de Portos de Galicia visitaron a terminal de Contedores e os avances do acceso ferroviario no Porto Exterior de Ferrol


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, realizaron unha visita institucional ao Porto Exterior de Ferrol, acompañados polo seu Presidente, José Manuel Vilariño.

Durante o percorrido coñeceron de primeira man o bo resultado no funcionamento da terminal de contedores, que explota Yilpor Ferrol, neste senso Trenor destacou a importante tendencia á alza deste tráfico neste porto que, na actualidade ten dúas liñas operativas, e nos dez primeiros meses do ano moveron a cifra máis alta de 9.557 TEUs, cunhas cen mil toneladas de mercancías aloxadas.

O delegado da Xunta e a Presidenta de Portos tamén comprobaron os avances nos traballos de escavación do túnel de Brión, principal unidade do traballo de construción do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol, que alcanzaron a pasada semana os catro quilómetros escavados pola Boca Oeste do Túnel Brión, é dicir, desde a dársena Exterior en Cabo Prioriño.

Trenor comprobou que isto constitúe a escavación de máis do 70% da lonxitude total do túnel, a cal se estende ata o 5.575m. Mentres tanto, para poder abordar a escavación pola outra boca do túnel, proseguen os traballos de escavación e baleirado do Emboquille Leste, emprazado no barrio da Graña. A escavación por aquí empezará a principios do ano seguinte, unha vez finalizada a instalación dos diferentes elementos auxiliares necesarios para a execución do túnel.

En paralelo, os técnicos da obra ultiman os traballos de definición dos procesos construtivos da ponte sobre a Enseada da Malata, de maneira que os traballos vinculados co mesmo dean comezo o máis axiña posible, en especial aqueles vinculados coa execución das pilas na lámina de auga e actualmente programados para a primavera de 2021. O conxunto da obra, cun custo duns 80 millóns de euros máis IVE, espérase que conclúa en 2022.

O representante do Goberno autonómico felicitou ao Presidente da Autoridade Portuaria polo esforzo que se está facendo desde a entidade para que estes traballos avancen o máis rápido posible e lamentou que estes mesmos avances non se estean a producir no acceso ferroviario ao Porto Exterior da Coruña que desapareceron do mapa de inversións dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2021. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre