Inicio Galicia Gonzalo Hermo gaña o XVI Premio de Poesía Afundación

Gonzalo Hermo gaña o XVI Premio de Poesía Afundación

0

A obra ‘A vida salvaxe’ faise coa edición de 2018 do certame, promovido por Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación e dotado con 6.000 euros e a publicación do poemario na colección Arte de Trobar

A obra A vida salvaxe, de Gonzalo Hermo, é a gañadora da décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación, un certame que veñen convocando Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de favorecer a creación literaria en galego.

A resolución do xurado, composto por Luís G. Tosar, presidente do Centro Pen Galicia; Estíbaliz Espinosa, gañadora da anterior edición do Premio de Poesía Afundación; Alba Cid, poeta; Xosé Ramón Pena, escritor; e Xabier Castro Martínez, escritor e secretario do xurado, deuse a coñecer esta tarde na sede de Afundación Santiago de Compostela, nun acto presidido polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e polo director-xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar. Durante a rolda de prensa, o secretario xeral de Cultura felicitou o gañador e gabou “o labor do xurado”, sempre difícil cando, “como pasa neste premio, as obras a concurso teñen unha calidade media moi elevada”. Nesta décimo sexta edición foron un total de 31 os traballos que concorreron ao premio.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

Anxo Lorenzo amosouse moi orgulloso da colaboración do departamento que dirixe co certame, á que se referiu como “un investimento moi frutífero no presente e o futuro da nosa lírica poética”. “A colaboración e a suma de esforzos entre administracións, institucións e cidadanía resulta imprescindible para o desenvolvemento da cultura e para mantela en constante avance nas súas diferentes manifestacións”, asegurou Lorenzo.“Un regreso á natureza”O xurado destacou que o poemario gañador ofrece, “desde a sobriedade e a contención”, “un regreso á natureza que incorpora a autobiográfico e o metapoético”, ao tempo que entroucou a obra con “poéticas abertas na creación contemporánea, tanto na súa procura do salvaxe coma no recurso a un misticismo escéptico”.

Promover a creación literaria en galegoO certame conta co apoio e a participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, que vén colaborando desde hai anos con esta cita de referencia na axenda cultural galega á vez que estimula a creación literaria. Con este obxectivo, a Xunta de Galicia contribúe coa realización de diversos premios e certames literarios, como o Premio Narrativa Breve Repsol, o Premio de Poesía Gonzalo López Abente, o Premio de Poesía Concello de Carral e o Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, entre outros.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Gonzalo HermoLicenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) é autor dos poemarios Crac (Barbantesa, 2011) e Celebración (Apiario, 2014), polo que foi recoñecido co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2015 e co Premio da Crítica de poesía galega en 2014. O III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro é outra das distincións do poeta rianxeiro, que tamén participou en diversas obras colectivas, a máis recente delas No seu despregar (Apiario, 2016).

O galardón comezou a andar no ano 2002 a instancias do Pen Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello e Estíbaliz Espiñosa, gañadora da anterior convocatoria.  


- Te recomendamos -