Inicio Galicia Gardacostas requisa preto de 200 quilos de distintas especies de marisco e...

Gardacostas requisa preto de 200 quilos de distintas especies de marisco e 19 útiles na ría de Ferrol

0
image_gallery.jpg


Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron onte en controis realizados polas zonas de pantaláns de Ferrol, A Graña e Mugardos preto de 200 quilos de distintas especies de marisco e 19 útiles debido a que todo estaba sen identificar. En concreto comisaron 70 quilos de ostra, outros 70 de mexillón, 20 quilos de voandeira, 15 de pateiro, cinco quilos de berberecho rabioso, outros cinco de nécora, catro quilos de ameixa babosa e tamén catro de carneiro.

Ademais os 19 útiles incautados son 10 sacos, sete viveiros e dous capachos que contiñan toda a mercadoría fondeada nas zonas de pantaláns. As especies comisadas estaban vivas, polo que os axentes procederon a devolvelas ao mar. Ante casos coma este, a Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de produtos do mar extraídos e comercializados de xeito irregular pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre