Inicio Galicia Gardacostas requisa en Noia preto de 10 quilos de ameixa extraída de...

Gardacostas requisa en Noia preto de 10 quilos de ameixa extraída de xeito irregular e agochada nunha garrafa de combustible

0
image_gallery.jpg


Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron onte preto de 10 quilos de ameixa xaponesa extraída de xeito irregular durante un operativo desenvolvido no porto do Testal, en Noia. Os efectivos do servizo autonómico interceptaron a unha persoa cando procedía a trasladar unha garrafa de combustible desde a súa embarcación ata o seu vehículo particular e que finalmente resultou ser un depósito falso no que agochaba o marisco extraído de xeito irregular.

Os axentes identificaron ao presunto infractor e levantaron acta de infracción da Lei de Pesca de Galicia ao tempo que incautaron a ameixa atopada para devolvela ao mar. A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre