Inicio Galicia Galicia xerou no último lustro máis de 645 M? pola venda de...

Galicia xerou no último lustro máis de 645 M? pola venda de preto de 1,5 millóns de toneladas de mexillón

0


Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 20 de novembro de 2019.- A secretaria xeral técnica, Isabel Concheiro, destacou hoxe en Vilagarcía o potencial do mexillón cultivado en Galicia que desde o ano 2013 xerou máis de 645 millóns de euros pola venta de preto 1,5 millóns de toneladas. Isto reflicte, sinalou, que a comunidade autónoma galega é unha potencia mundial na produción deste molusco que o ano pasado obtivo as mellores cifras desde o 2009 con preto de 280.000 toneladas comercializadas cun valor de 128 millóns de euros.

Unha produción, engadiu, que que foi tomando peso en fresco, tanto no volume de produción como no valor da facturación, pois seis de cada 10 quilos de mexillón son comercializados en fresco. Así o destacou durante o acto de lanzamento da avaliación do Mexillón de Galicia baixo MSC (Marine Stewardship Council) como certificación de sustentabilidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre