Inicio Galicia ‘Galicia universal. A arte galega nas coleccións Abanca e Afundación’ recibe máis...

‘Galicia universal. A arte galega nas coleccións Abanca e Afundación’ recibe máis de 7.000 visitas en só un mes de exhibición

0

A Cidade da Cultura inaugurou o 16 de marzo esta mostra que reúne 192 obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos

A exposición ‘Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación ten recibido 7.323 visitas transcorrido só un mes da súa inauguración, o pasado 16 de marzo, no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura de Galicia. Unha cifra á altura desta ambiciosa mostra, xa que repasa a historia da arte galega dos últimos 150 anos, a través dunha escolma de 192 obras, procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.

Este interese neste breve período de tempo está vinculado, sen dúbida, ao fito de que, por vez primeira, unha mesma exposición reúne obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro ou Antía Moure, entre outros moitos ata completar un total de 119.

Leer más:  Galicia experimenta la mayor disminución de confianza empresarial en España durante el segundo trimestre

O Museo Centro Gaiás ten abertas as súas portas a este importante proxecto expositivo de martes a domingo, de horario de 10 a 20 horas. Ademais, están artelladas visitas comentadas, de balde, de martes a venres ás 17.30 horas, que se amplían a pola mañá, ás 12.30 horas, os sábados, domingos e festivos, e tamén durante o período de verán. Estas visitas complétanse durante o calendario lectivo coas educativas, de carácter didáctico e que teñen como finalidade contribuír á difusión das obras, cunha especial atención á comunidade escolar.

O Museo Centro Gaiás acollerá ata o 14 de outubro esta escolma de pinturas, esculturas, fotografías e instalacións que supón unha oportunidade única para achegarse ao proceso de construción da nosa identidade cultural e comprender a dimensión universal da arte galega. Á vez, esta exposición facilítalle a toda sociedade o acceso ao relevante patrimonio artístico que posúen as importantes coleccións privadas de ABANCA e Afundación.


- Te recomendamos -