Inicio Galicia Galicia superará este ano por segunda vez na súa historia os cinco...

Galicia superará este ano por segunda vez na súa historia os cinco millóns de turistas

0

Á espera de contabilizar os últimos rexistros de novembro e decembro, a nosa Comunidade recibiu xa máis de 4,8 millóns de turistas e 10,4 millóns de pernoitas


Galicia superará este ano por segunda vez na súa historia os cinco millóns de turistas. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), á espera de contabilizar os últimos datos de novembro e decembro, a nosa Comunidade recibiu máis de 4,8 millóns de turistas que realizaron 10,4 millóns de pernoitas. Así pois, de manterse a evolución rexistrada ao longo dos últimos meses, este 2019 remataría superando a barreira histórica dos cinco millóns de viaxeiros, algo que só tivo lugar no 2017, cando se contabilizaron preto de 5,1 millóns de turistas.

As cifras do INE constatan a boa marcha do turismo galego e a súa evolución positiva en comparación co conxunto de España. De feito, no que vai de ano, os hoteis galegos lideraron o crecemento de viaxeiros e de noites a nivel estatal. Ademais, a nosa Comunidade rexistra un comportamento positivo nos tres grandes segmentos de mercado, especialmente no que se refire ao turismo estranxeiro. Así pois, o turismo interno medrou un 2,6%, o nacional un 4,7% e o internacional un 11,1% con respecto ao ano pasado superando os 2 millóns de noites, unha cifra que supón un máximo histórico.

Do mesmo xeito, rexistrouse unha mellora nos indicadores de calidade, reflexando a aposta do Goberno galego pola mellora da competitividade do sector. Neste sentido, os ingresos do sector hoteleiro medraron un 8% no que vai de ano roldando os 300 millóns de euros de beneficio e a ocupación creceu case dous puntos, mentres que a estadía media se mantivo estable.

Crecemento no mes de novembroCon respecto ao mes de novembro, os datos do INE amosan a capacidade do turismo galego para medrar en tempada media-baixa e malia a inestabilidade meteorolóxica rexistrada nas últimas semanas. Neste sentido, a demanda hoteleira medrou un 1,1%, acadando as 505.406 noites, a cifra máis elevada dos últimos doce anos; mentres que o número de viaxeiros creceu un 2,2%, situándose nos 242.437.

Neste eido, destaca especialmente o crecemento de visitantes estranxeiros, con preto de 89.000 noites, acadando a segunda cifra máis elevada da serie histórica nun mes de novembro, só por detrás de 2017.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre