Inicio Galicia Galicia suma 136 Concellos Emprendedores tras a adhesión das Pontes, Ponteceso, Ponteareas...

Galicia suma 136 Concellos Emprendedores tras a adhesión das Pontes, Ponteceso, Ponteareas e Ribadavia

0
image_gallery.jpg

As catro localidades incorpóranse a esta iniciativa que pretende estimular a actividade económica e empresarial e facilitar os trámites administrativos


Galicia conta con 136 Concellos Emprendedores tras a incorporación dos municipios das Pontes, Ponteceso (provincia da Coruña), Ponteareas (Pontevedra) e Ribadavia (Ourense) que comparten coa Xunta a necesidade de levantar as barreiras ao investimento empresarial para estimular a actividade económica e facilitar os trámites administrativos.

Deste xeito, A Coruña conta con 35 Concellos Emprendedores, Lugo con 18, Ourense con 61 e Pontevedra con 22. Esta distinción supón apoiar a actividade industrial en Galicia con máis axilidade administrativa e bonificacións fiscais, apostando, deste xeito, polo crecemento económico da Comunidade galega e pola dinamización do tecido produtivo.

Para ser Concello Emprendedor, as administracións locais, unha vez aproban nos seus respectivos plenos a modificación das ordenanzas correspondentes, teñen que adherirse ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para colaborar na captación de investimentos para Galicia.

A Xunta está a dar prioridade aos Concellos Emprendedores en diversas liñas de axudas destinadas a impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento. Para iso, o Goberno galego establece nestas axudas, que están a ser convocadas en réxime de concorrencia competitiva, un criterio específico.

Os Concellos Emprendedores, pola súa banda, comprométense a ofrecer ás empresas que mostren interese por afincarse nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa. Os maiores incentivos fiscais por parte dos concellos para favorecer a chegada de novas empresas suporán unha bonificación de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes. Deste xeito, a colaboración entre as administracións públicas permite avanzar cara a unha Galicia máis competitiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre