Inicio Galicia Galicia será unha das tres comunidades que integrará a Comisión Certificadora do...

Galicia será unha das tres comunidades que integrará a Comisión Certificadora do Consejo Jacobeo a nivel nacional

0

Hoxe constituíuse este órgano que establece os mecanismos para que os patrocinadores do Xacobeo 21 accedan ao sistema de beneficios fiscais


Galicia será unha das tres comunidades autónomas, xunto con Cantabria e A Rioxa, que integrará a Comisión Certificadora do Consejo Jacobeo a nivel nacional. Hoxe constituíuse en Madrid este órgano que ten como obxectivo establecer os mecanismos necesarios para que os patrocinadores do Xacobeo 21 poidan acceder ao sistema de beneficios fiscais en marcha que favorecerán que o tecido empresarial sexa parte fundamental e participe activamente na organización do vindeiro Ano Santo. Ademais de Galicia, Cantabria e A Rioxa, a Comisión Certificadora está integrada por representantes do Ministerio de Cultura y Deporte e o Ministerio de Hacienda.

A nosa Comunidade logrou captar ata o momento máis de 6,7 millóns de euros en patrocinios tras asinar acordos con algunhas das empresas máis recoñecidas da Comunidade como Hijos de Rivera ou Gadisa, ademais de importantes acordos para o sector turístico como o acadado con Caixabank. En paralelo, mantivéronse reunións con máis de 40 empresas co fin de implicar ao tecido económico nesta celebración.

A Xunta promove esta política de patrocinios, que amplía o alcance do Xacobeo 21 e xera recursos adicionais cos que impulsar proxectos vencellados ás industrias culturais como parte dunha programación na que está a traballar e que chegará a toda a Comunidade.

Cómpre ter en conta que a Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 outorga ao Ano Santo Xacobeo 2021 a consideración de acontecemento de excepcional interese público. En virtude disto, habilítanse unha serie de beneficios fiscais recollidos no artigo 27.3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado que a Xunta está a impulsar.

Neste contexto, o programa de beneficios fiscais, operativo desde o 6 de novembro de 2018, tras recibir o visto e prace do Consejo Jacobeo, estenderase ata o 30 de setembro de 2021, incrementando así a repercusión deste evento na Comunidade e permitindo que o tecido empresarial sexa parte fundamental e participe activamente na súa organización.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre