Inicio Galicia Galicia será das primeiras comunidades en adaptarse á nova normativa sobre teletraballo...

Galicia será das primeiras comunidades en adaptarse á nova normativa sobre teletraballo dos empregados públicos

0
image_gallery.jpg

O director xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Jesús Oitavén compareceu na Comisión 1ª para falar sobre a nova normativa que regulará o teletraballo


Galicia será unhas das primeiras comunidades en adaptarse á normativa de reforma do teletraballo aprobaba polo Goberno central. Así o expuxo esta mañá na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, o director de Avaliación e Reforma Administrativa, Jesús Oitavén quen anunciou que a Xunta xa está traballando no novo proxecto de norma que regulará o teletraballo que será presentado ás organizacións sindicais.

O director xeral apuntou que no novo escenario derivado da pandemia do covid 19, as administracións deben redefinir un novo modelo de teletraballo con medidas que melloren a organización, facilitando fórmulas de conciliación familiar, e que garantan ao mesmo tempo o desenvolvemento eficaz dos servizos públicos.

Galicia xa foi pioneira na implantación e regulación do teletraballo no 2013 coa aprobación da orde que regulaba a acreditación, a xornada e o horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo dos empregados públicos no ámbito da Administración xeral e do sector público de Galicia. Esta orde recollía entre outros aspectos, os requisitos relativos aos empregados públicos, medios técnicos, postos de traballo, ao lugar desde que desenvolvería o teletraballo ou aos requisitos de concesión.

Posteriormente, a Xunta incluíu esta modalidade na Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, sendo tamén a terceira comunidade en adaptar toda a súa normativa sobre función pública á normativa básica do Estado.

Teletraballo e covid 19Durante a súa intervención, Jesús Oitavén subliñou que a rápida posta en marcha das medidas para a extensión xeneralizada do teletraballo na Xunta foi posible grazas á experiencia previa logo de máis de seis anos promovendo e facilitando a conciliación familiar dos empregados públicos.

Neste marco explicou que só un día despois da declaración da pandemia e anticipándose ás medidas do Estado, a Xunta aprobou o ‘Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta en relación ao covid 19’ no que se establecían unha serie de medidas para protexer a saúde dos empregados públicos, entre as que estaban o emprego do teletraballo como alternativa ao traballo presencial.

Posteriormente, a Xunta tamén aprobou o ‘Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao covid 19 para a progresiva reincorporación dos empregados públicos aos seus postos de traballo en tres fases e con todas as garantías sanitarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre