Inicio Galicia Galicia seguirá consolidando o escenario do crecemento e facilitando o camiño ás...

Galicia seguirá consolidando o escenario do crecemento e facilitando o camiño ás empresas

0

Lembra que, desde o primeiro momento, o Goberno galego apostou de forma decidida pola responsabilidade, pola coherencia e pola credibilidade, na procura dun clima de confianza

Ourense, 26 de xuño de 2018.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Comunidade galega seguirá consolidando o escenario do crecemento, facilitando o camiño ás empresas, levantando barreiras e eliminando aqueles obstáculos que dificulten emprender e crear emprego.

Durante a clausura da asemblea xeral ordinaria da Confederación Empresarial de Ourense, Feijóo lembrou que, desde o primeiro momento, o Goberno galego apostou de forma decidida pola responsabilidade, pola coherencia e pola credibilidade, na procura dun clima de confianza. “E así é como as empresas estades a ser as protagonistas do mellor ciclo exportador da nosa historia, cun incremento nas vendas ao exterior do 8%, nos catro primeiros meses deste ano”, subliñou, ao que engadiu que Galicia é a segunda comunidade onde máis crece a facturación industrial, ademais de acumular máis de catro anos á alza nas vendas do sector servizos.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Así mesmo, e co obxectivo de que o tecido empresarial galego gañe en competitividade, destacou que a Lei de implantación empresarial ten como finalidade proporcionar máis axilidade administrativa, máis incentivos fiscais e máis facilidades de acceso ao solo industrial. Un fin no que está a ser fundamental a colaboración dos 80 concellos emprendedores que ata o de agora se levan adherido ao convenio coa Fegamp, dos que 40 son da provincia de Ourense e aos que, proximamente, poderían sumarse 20 máis que amosaron o seu interese en participar nesta iniciativa.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico fixo fincapé en que a innovación, a formación e a internacionalización son as novas regras do mercado. “E por iso, para fomentar o traballo conxunto de centros tecnolóxicos e empresas, impulsaremos 12 unidades mixtas de investigación máis que mobilizarán 27 millóns; e acabamos de resolver a primeira convocatoria de unidades formativas en empresas, o programa de formación para empregados e desempregados máis ambiciosos de España, cunha chega de 5,4 millóns de euros para formar a 3.200 traballadores e desempregados a través de 83 empresas”, explicou.

Leer más:  El Supremo confirma la condena a 14 años de cárcel a 'El Chicle' por agredir sexualmente a su cuñada menor de edad

Nesta mesma liña, salientou que a Confederación Empresarial de Ourense está a colaborar coa Xunta na organización de misións comerciais como a que acaban de realizar a Ourense importadores de EE.

UU e Canadá no marco do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios do Igape.

Feijóo concluíu apostando polo traballo conxunto, enxalzando o valor da cooperación empresarial, reflectida nas máis de 10.000 empresas e asociacións que, directa ou indirectamente, están representadas pola Confederación Empresarial de Ourense, e que contribúen a facer de Galicia unha marca de garantía e calidade. 


- Te recomendamos -