Inicio Galicia Galicia segue entre as comunidades menos endebedadas, con 6,3 puntos menos que...

Galicia segue entre as comunidades menos endebedadas, con 6,3 puntos menos que a media e por debaixo do 18% por primeira vez desde 2013

0

Galicia conseguiu baixar o seu endebedamento seis décimas en termos interanuais, xa que a ratio de débeda/PIB situouse no terceiro trimestre no 17,8%, fronte ao 18,4% de setembro de 2018


Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019.- O endebedamento da Comunidade Autónoma de Galicia ao peche do terceiro trimestre situouse no 17,8% do PIB, segundo os datos do Banco de España, que volve ratificar que Galicia é unha das comunidades autónomas –a quinta– con menor endebedamento, 6,3 puntos menos que a media estatal. Trátase da primeira vez, desde 2013, que esta ratio baixa do 18%.

Galicia conseguiu reducir no período analizado en seis décimas o seu endebedamento sobre o terceiro trimestre de 2018, que era do 18,4%. En canto á comparativa sobre o segundo trimestre de 2019, a evolución é igualmente significativa, cunha diminución de cinco décimas, ao pasar a ratio do 18,3% ao 17,8% sinalado.

En todo caso, a previsión da Xunta é que este indicador siga baixando nos vindeiros trimestres, e que 2019 sexa o terceiro ano consecutivo no que Galicia logra reducir a súa ratio de débeda. En termos absolutos, a débeda total das comunidades autónomas situouse nos nove primeiros meses de 2019 en 298.077 millóns, dos que 11.426 millóns –o 3,8% do total- corresponden a Galicia.

No peche do terceiro trimestre, o endebedamento de Galicia é 6,3 puntos inferior á media autonómica, situada no 24,1% e, grazas a este mellor comportamento, Galicia evitou na última década a emisión de máis de 3.800 millóns de euros de débeda. En todos estes anos, a Comunidade Autónoma cumpriu sempre o límite de débeda autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), e desde 2016 iniciou unha senda de redución do seu endebedamento que continuará nos vindeiros exercicios.

Efectos sobre a débeda polos impagos do Goberno Central Esta boa evolución un trimestre máis na redución do endebedamento da Comunidade Autónoma Galega podía ser moito máis significativa se o Goberno Central houbese cumprido coas súas obrigas e non retrasase o pago dos 334 millóns de euros de entregas a conta e non retivera os 200 millóns de euros do Imposto sobre o Valor Engadido (IVA) correspondentes a decembro de 2017.   Ratio de débeda/PIB – 3º trimestre 2019 (*CCAA réxime foral)1. Canarias

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre