Un total de 9.505 pacientes xa están curados
A Dirección Xeral de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, deles 252 son da área da Coruña, 63 da de Lugo, 160 da de Ourense, 50 da de Pontevedra, 273 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 31 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas, rexistrándose 608 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 130.424.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.