Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 938 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 938 casos activos por coronavirus

0

Un total de 11.506 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 938, deles 544 son da área da Coruña, 93 da de Lugo, 60 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 118 da área de Vigo, 43 da de Santiago, e 29 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 están en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 897 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.506 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos que estaba ingresado no CHUO e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 272.115.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre