Inicio Galicia Galicia rexistra un total de 9.642 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 9.642 casos activos por coronavirus

0

Un total de 28.466 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.642 deles 1.668 son da área da Coruña, 1.016 da de Lugo, 1.211 da de Ourense, 1.097 da de Pontevedra, 2.271 da área de Vigo, 1.350 da de Santiago, e 1.029 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 80 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 9.079 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 28.466 persoas curadas, rexistrándose 951 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 713.800.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre